Esta web inserta cookies propias para facilitar tu navegación y la de terceros derivadas de su uso en nuestra web, de medios sociales, así como para mejorar la usabilidad y temática de la misma con Google Analytics. Los datos personales no son consultadas. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso.

18/06/2014 – Xenia Rubinos pecha un gran cartel na primeira xornada de Sinsal SON Estrella Galicia

A artista de Brooklyn, de sangue portorriqueño e cubano, é outra das voces imprescindibles que situou a música latina entre as novas sonoridades do século XXI. Admiradora da sempre brillante Juana Molina, porén o seu estilo está máis arraigado na tradición urbana, do jazz caribeño e rock de Nova York. Nestes anos, desde a súa posta de largo co disco Magic Trix (2012/2013), non lle faltan comparacións como (a de que é) unha especie de Björk latina do R&B. Outros medios, sitúana nesa corrente do pop “byrniano” herdeiro dos Talking Heads e que na actualidade encabezan, entre outros, Tune-Yards, Dirty Projectors e St Vincent.

Cartel completo do 25 de xullo:

17.00 – Throwing Shade 
18.00 – Xenia Rubinos 
19.00 – Oso Leone 
20.00 – Jagwa Music
21.00 – Frikstailers