Este ano dende Sinsal SON Estrella Galicia queremos atraer a xente de todos os lugares posibles, así que en colaboración con diferentes empresas ofrecémosvos descontos para vir en tren e en avión ou promocións para que vivades unha gran experiencia e unha fin de semana perfecta durmindo nun hotel e coñecendo lugares como as Illas Cíes.
En tren
Renfe ofrece descontos do 35% a todos os asistentes ao festival dende calqueira punto do país. Para obter o desconto será necesario este documento e o seu número de autorización. Renfe tamén ofrece un tutorial de compra nesta ligazón.
En avión
Iberia ofrece descontos do 15% a todos os asistentes ao festival con destino a Vigo. Para obter o desconto será necesario comprar a través desta ligazón en Iberia.com.
Hoteis
Existen hoteis en Vigo que ofrecen descontos e promocións aos asistentes ao festival.
Estes son:
Illas Cíes
Este ano volveremos contar co apoio da naviera Mar de Ons, que durante a fin de semana do festival realizará descontos para visitar as Illas Cíes, na Ría de Vigo.