Si os grandes eventos deportivos teñen banda sonora, por qué un festival cultural, no que a música é a principal protagonista, vai a ser menos? Sinsal SON Estrella Galicia presenta a súa canción oficial composta por Marco Maril –Apenino– con os sons da Illa de San Simón e a colaboración na voz de Mónica Vacas –Mus–. A canción, titulada Postal Illa puede escoitarse no reproductor e será publicada nun formato moi especial, unha postal sonora que se podrá mercar durante o festival.
Qué é unha postal sonora?
A postal sonora ou “talking postcard, phonokarten, carte postale, etc.” foi un formato que naceu co desarrollo da música enlatada, é decir, xa nos primeiros tempos do gramófono. Ao principio, eran discos de resina pegados ao cartón da postal sobre o que se perforaba o oportuno orificio concéntrico. Máis tarde, xa co microsurco, esa resina recubría cunha película transparente a postal e sobre ela imprímiase o surco. Neste formato foron comercializadas por todo o mundo con diferentes nomes. A postal sonora que presentamos no Festival Sinsal SON Estrella Galicia recupera ese deseño dos anos sesenta.