Nesta edición Sinsal SON Estrella Galicia presentará a tres dos grupos españois con máis futuro: Oso Leone na xornada inaugural do 25 de xullo e outras dúas sorpresas máis dentro do cartel segredo dos próximos días.
O grupo mallorquín foi a gran revelación do curso pasado co seu emocionante segundo disco Mokragora, un álbum que os levou a encabezar boa parte das listas de mellores discos nacionais.
A excelente crítica, unánime entre a prensa especializada, non pasou desapercibida para algúns dos festivais máis importantes e dende Sinsal SON Estrella Galicia parecíanos o grupo perfecto para as ondas de San Simón. Rock minimalista, folk mariñeiro e moita electrónica paisaxista que rodea e envolve todos os ambientes que o grupo é capaz de inventar.
Oso Leone tocarán o día 25 de xullo xunto a Throwing Shade, Jagwa Music, Frikstailers e un quinto grupo que anunciaremos en breve.