Esta web inserta cookies propias para facilitar tu navegación y la de terceros derivadas de su uso en nuestra web, de medios sociales, así como para mejorar la usabilidad y temática de la misma con Google Analytics. Los datos personales no son consultadas. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso.

12/06/2014 – Frikstailers e Jagwa Music o venres 25 en Sinsal SON Estrella Galicia

Este ano Sinsal SON Estrella Galicia estrease cunha festa de apertura durante a tarde do 25 de xullo. Para esta posta de largo dun dos festivais máis singulares de Europa, preparamos un cartel moi especial que reúne propostas de diferentes partes do mundo, convertindo a Illa de San Simón nesa “Illa do pensamento” global.

O século XXI é, dende o punto de vista musical e cultural, o século da “remezcla”. O que antes era mestizaxe agora xa é fisión musical. A tecnoloxía, analóxica ou dixital, golpeou no núcleo da música popular e a súa reacción desencaenou todo tipo de ritmos.

 

Frikstailers e a idade dourada da música latina

Festivais de todo o mundo e crítica especializada é unánime ao destacar o momento polo que pasa a música en Latinoamérica. Os nosos invitados, unha parella arxentina que reside en México, é un dos grupos máis destacados desta escea independiente. Este dúo colouse no circuito internacional da música electrónica e o fixo gracias a unha combinación de ritmos nativos da súa Arxentina con correntes como o hip-hop, funk e o electro.

Entre os seus máis notables recoñecementos atópase o ser editados por DFA Records co seu remix para “The Crystal Ark”, ademáis de colaborar con remixes oficiais para grandes nomes da escea do World Music como Amadou & Mariam ou Gotan Project.

 

Jagwa Music e a palabra callexeira de Tanzania

Jagwa Music foron os gañadores da pasada edición do Zanzibar Vis a Vis, un encontro profesional organizado por Casa África e a AMS (Asociación de profesionais da Música de Senegal) para acercar a música africana a os escenarios españois.

Jagwa Music representa o estilo Mchiriku, un son basado na percusión que naceu hai 20 años nos barrios pobres de Dar es Salaam (Tanzania). Son músicos callexeiros, sen apenas máis medios que un teclado “Casio” e instrumentos de fabricación propia, que lograron unha notable fama nos escasos circuitos culturales tanzanos nos que o seu cantante é toda unha celebridade. As rimas de Jagwa poden lerse nas coloridas decoracións dos dala dala, os autobuses que abarrotan o interminable e ruidoso tráfico de Dar.

As súas cancións falan do que lle pasa á xente da calle, a súa vida cotidiana e o fan cun vigor interminable. Un estilo que pola súa autenticidade, orixinalidade e enerxía está dando a volta ao mundo.

Despois de pasar por algúns dos principais escenarios europeos como Paleo Festival, Womad, Roskilde, etc. este ano presentanse, entre outros, en La Mar de Músicas, Pirineos Sur, Etnosur e Sinsal SON Estrella Galicia.