Esta web inserta cookies propias para facilitar tu navegación y la de terceros derivadas de su uso en nuestra web, de medios sociales, así como para mejorar la usabilidad y temática de la misma con Google Analytics. Los datos personales no son consultadas. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso.

04/06/2014 – Entradas de Sinsal Son Estrella Galicia xa á venda

Volve Sinsal Son Estrella Galicia e volve a San Simón, dúas illas –San Simón e San Antón– situadas ao final da Ría de Vigo, no Concello de Redondela (Pontevedra). O arquipélago foi empregado durante a súa historia como mosteiro, lazareto, cárcere ou residencia. Desde o ano 1999 está catalogado como Ben de Interese Cultural e dende hai catro anos é o lugar no que se leva adiante o festival máis peculiar da axenda nacional.

Xa se poden consultar os prezos e os horarios de ida e volta dos barcos a San Simón na nova web elaborada para o evento para canalizar o fluxo de persoas interesadas en coñecer toda a información e comprar as entradas que darán acceso a un festival único.

Lugar: Illa de San Simón (Redondela)
Datas: 25, 26 e 27 de xullo de 2014
Entradas[+]

 

_DSC6803

 

Novidades

Sinsal Son Estrella Galicia celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo de 2014. Nesta edición hai varias novidades. En primeiro lugar, o día 25 de xullo, entre as 17.00 e as 22.00 horas, haberá unha xornada de apertura que contará con cinco artistas anunciados con anterioridade ao evento. Para os días 26 e 27 de xullo, entre as 13.00 e as 22.00 horas, está previsto a presentación de oito concertos e as actividades paralelas complementarias. Como noutras edicións, o cartel será segredo e repetiremos sete dos oito grupos cada xornada. Nesta edición, tendo en conta que o público do día 27 xoga coa desvantaxe de coñecer aos artistas un día antes, cambiaremos a un dos oito artistas da xornada anterior.

Por primeira vez na historia do evento permitiremos ao público acceder coa súa comida, quedando expresamente prohibido o acceso con bebidas. Por razóns de seguridade non se permitirá o acceso á illa con envases de cristal ou latas. Tampouco estarán permitidos tenedores, coitelos e navallas de metal –si se pode acceder cos de plástico–. Na propia Illa, como é habitual, haberá comida á venda con opcións para vexetarianos e veganos.

Nas próximas semanas iremos achegando máis información, pistas sobre grupos e os nomes que formarán parte do cartel do día 25.

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!