Esta web inserta cookies propias para facilitar tu navegación y la de terceros derivadas de su uso en nuestra web, de medios sociales, así como para mejorar la usabilidad y temática de la misma con Google Analytics. Los datos personales no son consultadas. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso.

11/06/2014 – As músicas escondidas de Sinsal SON Estrella Galicia

Dende Sinsalaudio, coordinadores do Festival Sinsal, queremos agradecer todas as propostas que nos chegaron nos últimos meses para participar no Festival. As nosas posibilidades son moi limitadas e nesta edición optamos por cambiar a programación de cada xornada das Músicas Escondidas.

As Músicas Escondidas é unha programación que ten lugar entre as 15.00 e 16.00 horas por diferentes localizacións das dúas illas mentres os escenarios principais están sen actividade.

Cada día presentaremos varias propostas musicais e culturais.

 

Sábado 26

whygo

Apenino é o proxecto de Marco Maril, músico galego moi coñecido na escena Pop por formar parte de Dar Ful Ful. Nesta ocasión, o artista de Santiago non só ven a presentar as súas novas composicións, tamén é o protagonista da canción oficial do festival que publicaremos nun formato moi especial.

Why Go é outro grupo galego que acaba de publicar disco neste 2014, Kara. O quinteto vigués é unha das formacións máis orixinais da escea independiente coa súa proposta entre o Jazz e o Pop pero, sobre todo, plantexando unha revisión contemporánea, a modo trovadoresco, que lles desmarca do resto.

 

Domingo 27

trilitrate

Trilitrate son un trío, tamén de Vigo, cunha sorprendente sonoridade entre o folk, post-rock e música clásica. Outra das grandes revelacións do pasado 2013 e un nome máis que incorporar ao bo momento da música galega.

Caspervek Trio. E de unha das sorpresas do pasado 2013 á que pode ser a deste 2014. Trio de estudantes do Conservatorio Superior de Música de Vigo cun talento especial para integrar música clásica con popular, cine e son.