Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia. A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo.
Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.
Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar.
A illa
Sinsal Son Estrella Galicia ten lugar no arquipélago de San Simón, dúas illas (San Simón e San Antón) situadas en plena ría de Vigo, no concello de Redondela (Pontevedra). O conxunto de illas foi empregado ó longo da súa historia como mosteiro, lazareto ou cárcere e desde o ano 1999 está catalogado como Ben de Interese Cultural. É un enclave natural privilexiado no leste da Ría de Vigo cunha grande carga de memoria histórica. [+]
O Festival
A historia do Festival Sinsal remóntase a hai doce anos e caracterízase por unha identidade sonora allea as etiquetas habituais na representación musical dos nosos días.
O Festival Sinsal naceu en Vigo no ano 2003. Desde entón, organizáronse máis de 300 concertos establecendo un modelo de programación que, na actualidade, imitan outros eventos.
A extensión do Festival Sinsal na illa de San Simón acolle dende hai catro anos un dos eventos máis fermosos e especiais de cantos festivais hai durante o ano. En horario diurno, por toda a illa, dende as doce horas da mañá ata o solpor, artistas de todo o mundo xúntanse para presentar a súa música a nenos, adolescentes, adultos e maiores nunha experiencia única e sen precedentes en España. [+]
Os concertos
O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.
Haberá ata tres escenarios principais repartidos polas dúas illas, ademáis dos lugares onde estarán as Músicas Escondidas.
A experiencia
Sinsal Son Estrella Galicia é algo máis que un festival de música, é un evento único. O feito de que só se poda chegar ao recinto nun barco e que sexan os asistentes os que desvelen o segredo das bandas que tocarán nunha illa que é un Ben de Interés Cultural, fan desta cita toda unha experiencia.
San Simón despide o aroma da historia, pasear pola illa é sentir o pasado baixo os pés. Mosteiro, lazareto e cárcere durante a Guerra Civil e a primeira posguerra, na actualidade a Illa de San Simón é un espazo de memoria vivo e aberto.
Os tres escenarios principais de Sinsal Son Estrella Galicia, as Músicas Escondidas que o público debe atopar e outras actividades animarán a coñecer todos os máxicos rincóns que este lugar agocha. Déixate levar pola experiencia Sinsal Son Estrella Galicia e descubre os segredos de San Simón.
As actividades
Aparte dos concertos, como vén sendo habitual nas anteriores edicións de Sinsal Son Estrella Galicia, haberá diferentes actividades: dende as Músicas Escondidas ás actividades para nenos. Ademáis, hai espazos para relaxarse, un fermoso conxunto escultórico e diferentes paseos que percorren as dúas illas.
VENRES 25
Throwing Shade
Procedente de Londres, onde exerce de DJ na popular emisora NTS Radio, Throwing Shade compaxina a súa faceta radiofónica, especializada en gravacións de campo e sons do mundo, coa súa presencia en proxectos de música tradicional de Bali e Java.
Este 2014, debutou co seu EP 19 Jewels para o prestixioso selo No Pain In Pop –Grimes, Nite Jewel– chamando a atención dalgúns medios especializados como The Guardian que a sitúa entre os novos nomes a seguir.
A música de Throwing Shade foi descrita, con bastante acerto, como se a electrónica orgánica de James Ferraro ou Oneohtrix Point Never abrazara o dowtempo e o R&B.
Friskstailers
Unha parella arxentina que reside en México, é un dos grupos máis destacados desta escena independiente latinoamericana. Este dúo colouse no circuíto internacional da música electrónica e o fixo gracias a unha combinación de ritmos nativos da súa Arxentina con correntes como o hip-hop, funk e o electro.
Entre os seus máis notables recoñecementos atópase o ser editados por DFA Records co seu remix para The Crystal Ark, ademáis de colaborar con remixes oficiais para Amadou & Mariam ou Gotan Project.
Jagwa Music
Representan o estilo Mchiriku, un son basado na percusión que naceu hai 20 anos nos barrios pobres de Dar es Salaam (Tanzania). Son músicos da rúa, sen apenas máis medios que un teclado “Casio” e instrumentos de fabricación propia, que lograron unha notable fama nos escasos circuitos culturais tanzanos nos que o seu cantante é toda unha celebridade. As rimas de Jagwa poden lerse nas coloridas decoracións dos dala dala, os autobuses que abarrotan o interminable e ruidoso tráfico de Dar.
Oso Leone
O grupo mallorquín foi a gran revelación do curso pasado co seu emocionante segundo disco Mokragora, un álbume que os levou a encabezar boa parte das listas de mellores discos nacionais.
A excelente crítica, unánime entre a prensa especializada, non pasou desapercebida para algúns dos festivais máis importantes e dende Sinsal SON Estrella Galicia parecíanos o grupo perfecto para as ondas de San Simón. Rock minimalista, folk mariñeiro e moita electrónica paisaxista que rodea e envolve todos os ambientes que o grupo é capaz de inventar.
Xenia Rubinos
A artista de Brooklyn, de sangue portorriqueño e cubano, é outra das voces imprescindibles que situou a música latina entre as novas sonoridades do século XXI. Admiradora da sempre brillante Juana Molina, porén o seu estilo está máis arraigado na tradición urbana, do jazz caribeño e rock de Nova York. Nestes anos, desde a súa posta de largo co disco Magic Trix (2012/2013), non lle faltan comparacións como (a de que é) unha especie de Björk latina do R&B. Outros medios, sitúana nesa corrente do pop “byrniano” herdeiro dos Talking Heads e que na actualidade encabezan, entre outros, Tune-Yards, Dirty Projectors e St Vincent.
SÁBADO 26 + DOMINGO 27
Cartel segredo
Como ven sendo habitual, os nomes das bandas do sábado e do domingo é segredo. Polo festival na Illa de San Simón xa pasaron nomes como Alt-J, Nite Jewel, Alela Diane, Gravenhurst, Triángulo de Amor Bizarro ou Laetitia Velma.
Para descubrir o segredo terás que vivir a experiencia de Sinsal SON Estrella Galicia.
MÚSICAS ESCONDIDAS – Sábado 26
Apenino é o proxecto de Marco Maril, músico galego moi coñecido na escena Pop por formar parte de Dar Ful Ful. Nesta ocasión, o artista de Santiago non só vén presentar as súas novas composicións, tamén é o protagonista da canción oficial do festival que publicaremos nun formato moi especial.
Why Go é outro grupo galego que acaba de publicar disco neste 2014, Kara. O quinteto vigués é unha das formacións máis orixinais da escena independente coa súa proposta entre o Jazz e o Pop pero, sobre todo, plantexando unha revisión contemporánea, a modo trovadoresco, que lles desmarca do resto.
MÚSICAS ESCONDIDAS – Domingo 27
Trilitrate son un trío, tamén de Vigo, cunha sorprendente sonoridade entre o folk, post-rock e música clásica. Outra das grandes revelacións do pasado 2013 e un nome máis que incorporar ao bo momento da música galega.
Caspervek Trio. E de unha das sorpresas do pasado 2013 á que pode ser a deste 2014. Trío de estudantes do Conservatorio Superior de Música de Vigo cun talento especial para integrar música clásica con popular, cine e son.
Postal sonora de Sinsal SON Estrella Galicia
Si os grandes eventos deportivos teñen banda sonora, por qué un festival cultural, no que a música é a principal protagonista, vai a ser menos? Sinsal SON Estrella Galicia presenta a súa canción oficial composta por Marco Maril –Apenino– con os sons da Illa de San Simón e a colaboración na voz de Mónica Vacas –Mus–. A canción, titulada Postal Illa pode escoitarse no reproductor e será publicada nun formato moi especial, unha postal sonora que se podrá mercar durante o festival.
Merchandising do Festival Sinsal 12 en #SinsalSonEG
Nesta edición de Sinsal Son Estrella Galicia, e dentro da programación anual do Festival Sinsal 12, presentamos un novo merchandising baseado nos deseños de tres creadores: Don Gráfica, Miralasolas e LAZO.
Durante o festival estarán á venda camisetas de muller, home e neno en diferentes cores, tallas e formatos, así como bolsos, bolsas e delantais con serigrafías feitas a man en dúas tintas e en edición limitada. [+]